Temos moito que facer aínda. Non hai que apurarse nin atosigarse. As presas nunca foron boas. Pero é que estamos acabando o trimestre e aínda hai xente que non ten o aprobado na man. Queremos ter oportunidades ata o momento final, pero sen estudar non hai nada que se poda cambiar.
Mañá, os que estedes na clase, podedes comentar os exercicios do tema cinco que aínda non tedes claro como se fan. Pero o exame ten que ser esta semana sen falta.Hai que dar tempo para os repasos e facer o final de cinco temas.
Tamén quero seguir coas fichas de carreiras de contadores. En fin.Non esperes á clase para encontrar as dificultades, se podes acabar ti solo , non te pares e corriximos, se encontras un obstáculo imposible, xa sabes o que tes que facer.
Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario